Se che apetece fer un curso de iniciación para coñecer a normativa oficial Estándar do galego, podes entrar aquí e traballar con aspectos básicos de fonética, morfoloxcía, semántica, léxico… e tamén coñecer a literatura galega – comezando pola literatura galego-portuguesa da Idade Media, pasando polas distintas épocas e xeracións literarias, ata rematar na literatura máis actual-.
Pode ser un primeiro paso para que entres en contacto coa lingua galega normativa, que che pode servir para adentrarte nos cursos oficiais CELGA e obter así un título que che pode abrir moitas portas.
ANÍMATE e participa dos cursos que Axuntar che ofrece de forma desinteresada e totalmente gratuita. Ademais podes enviarnos dúbidas, textos, comentarios, e todo o que se che ocorra, a: asociacion@axuntar.eu.